Pois asi parece ser, os Centros Meteoroloxicos informan que hoxe a partires das 0.00 horas da noite entra un frente frio que deixara neve en Galicia. Dende a Xunta de Galicia xa se apresuraron a suspender as clases e tan so habera actividade nas Universidades. O Centro meteoroloxico estatal preve neve por riba dos 300 metros polo que nos tocaria ter manto branco maña seguro. Pola sua parte meteogalicia establece a cuota entre os 600 e 800 metros..., quen acertara?Polo tanto pode que maña toque desenpolvar a camara que ultimamente teño moi abandoada para inmortalizar as fermosas paisaxes que Sobrado nos ofrece cando a señora neve nos ven a visitar. O ano pasado tivemos 6 veces a neve no chan; facemos unha porra (agora que se puxo de moda) a ver cantas veces neva antes de que chegue o veran? eu digo 3...
Saudos xelidos





